Nacho Vegas e Cooper, cabezas de cartel do FaCeLa Fest de Lugo

Nacho Vegas / Lansbricae en Wikipedia.

A cuarta edición do FaCeLa Fest, o festival urbano que se celebra na cidade de Lugo, concentrará entre os días 17 e 18 de maio un total de 15 concertos entre os cales sobresaen as actuacións de Nacho Vegas e Cooper, cabeza de cartel este ano.

A deputada de Cultura, Pilar García Porto, e o director do festival, Celestino Muinelo, presentaron este xoves a cuarta edición deste evento musical, cuxos concertos terán lugar en dous escenarios: o exterior do Pazo dos Deportes de Lugo e os xardíns do Pazo de San Marcos (sede da Deputación Provincial).

García Porto destacou que a Deputación de Lugo aposta por este tipo de festivais “porque achegan á cidade de Lugo un tipo de música alternativa e cun cartel moi coidado”, tendo en conta de que FaCeLa Fest “é un festival que aposta pola calidade e a diferenciación”.

“Este ano, entre os dous días, ofrecerá un total de 15 actuacións, con bandas galegas, estatais e internacionais. Ademais, esta cuarta edición coincide co Día das Letras Galegas, polo que se van a ofrecer dous concertos gratuítos no Pazo de San Marcos”, os de Chicharrón -17 de maio- e Os amigos dous músicos -18-.

No Pazo Provincial dos Deportes actuarán, o 17 de maio, Nacho Vegas, Michel Cloup Duo, Fachendoso, Cariño, Fábrica de Espejos, Boyanka Kostova e Trinitá; e o 18 de maio, Cooper, Tulsa, Biznaga, The Essex Green, Anari, Rayotáser, Magical Colors e Yurao Walla Dj.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here