InicioCulturaO rabadense Chema Prado, exdirector da Filmoteca Española, homenaxeado na Coruña

O rabadense Chema Prado, exdirector da Filmoteca Española, homenaxeado na Coruña

O CGAI programa un ciclo dunha vintena de películas para recoñecer a súa traxectoria profesional. Proxectaranse cintas de Bertolucci, Almodóvar ou Víctor Erice, ademais de expoñerse unha mostra da obra fotográfica de Prado

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) dá carta branca a Chema Prado (Rábade, 1952), que foi director da Filmoteca Española durante 27 anos, para programar un ciclo dunha vintena de películas ao longo de dous meses, nunha proposta que arrinca o vindeiro xoves, 21 de marzo.

No marco desta homenaxe a unha das figuras galegas vinculadas ao audiovisual máis relevantes dos últimos anos, tamén se organizará unha exposición entre o 21 de marzo e o 10 de maio coa obra fotográfica de Prado. Exhibirase no Pazo Municipal de María Pita, coa colaboración co Concello da Coruña.

Así, está previsto que se proxecten cintas de cineastas como Jean-Luc Godard, Iván Zulueta, Jim Jarmusch ou Víctor Erice como un recoñecemento ao labor de Prado, durante cuxa traxectoria se relacionou con algúns dos directores máis radicais do momento. Boa parte destas copias serán cedidas por diferentes filmotecas europeas. De feito, dúas das obras que se verán serán ‘Stop making noise’, de Jonathan Demme, e ‘El cielo protector’, de Bernardo Bertolucci, dous bos amigos de Prado falecidos nos dous últimos anos.

Ademais, as primeiras proxeccións do ciclo contarán coa presenza do propio Chema Prado. A primeira delas será ‘La flor de mi secreto’, de Pedro Almodóvar (21 de marzo, 20,30 horas), nunha proxección na que estará no CGAI a actriz Marisa Paredes.

SOBRE EL

Chema Prado, cabaleiro das Artes e as Letras de Francia, foi director da Filmoteca Española entre 1989 e 2016, un período no que transformou e modernizou á entidade. Previamente xa fora programador desta institución desde 1975.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...