InicioCulturaA votación para escoller o cartel do Arde Lucus, aberta ata o...

A votación para escoller o cartel do Arde Lucus, aberta ata o domingo

A cidadanía realizará a primeira escolma de dez propostas que despois abordará un xurado profesional, e que decidirá o cartel oficial da 18.ª edición do Arde Lucus

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un total de 42 obras competirán por ser o cartel oficial do Arde Lucus 2019. A imaxe da 18.ª edición, a celebrar os días 14, 15 e 16 de xuño, será premiada con 1.300 euros. E será a cidadanía a que vote a primeira escolma, seleccionando as 10 propostas máis atractivas.

O cartel da gran recreación histórica será escollida a través das redes sociais do Arde Lucus, ata as 12.00 horas deste domingo 24 de febreiro. Para emitir o voto e sinalar como favorita unha das 42 opcións en competencia, soamente é necesario deixar un enderezo electrónico para facer o reconto seguro.

Completado o reconto de votos, farase pública a escolla a través das redes oficiais do Arde Lucus e da web do Concello de Lugo. O consistorio seleccionará a continuación un xurado formado por tres persoas expertas, o cal escollerá a obra gañadora entre as seleccionadas previamente pola votación popular, o día 27 de febreiro ás 11.00 horas na Casa da Xuventude.

Na edición precedente, esta Festa de Interese Turístico Galego e Festa de Interes Turístico Nacional albergou 350 eventos, a cargo de 17 asociacións históricas. En total, 44 colectivos –moitos deles foráneos, con representación francesa, romanesa ou italiana– participaron no desfile da 17.ª edición do Arde Lucus.

O calendario fixo era unha demanda das entidades colaboradoras co festexo, tanto na hostalaría coma entre as asociacións históricas. As datas garantizan bo tempo e manteñen certa distancia co mes de xullo, unha situación de consenso entre os distintos colectivos.

O Arde Lucus medra en espectáculo, mais non en recadación

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...