InicioCulturaPremio para o modelado 3D do pan como ferramenta nutricional

Premio para o modelado 3D do pan como ferramenta nutricional

A Cátedra do Pan e do Cereal premia o innovador TFG dun estudante de Nutrición e Dietética no Campus de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un estudo sobre o estado do pan tradicional galego acadou a máxima distinción na primeira edición dos premios da Cátedra do Pan e do Cereal. Esta colaboración da Universidade de Santiago de Compostela co Grupo Da Cunha concedeu o galardón ao Traballo Fin de Grao ¿En qué dimensión se encuentra el pan en la actualidad?, un estudo de valoración do pan tradicional que demanda a incorporación de modelos tridimensionais deste produto como ferramentas de consulta clínicas acaídas para dietistas e nutricionistas.

Jesús Fernández Cruces, graduado en Nutrición Humana e Dietética na Facultade de Ciencias de Lugo, desenvolve neste estudo de valoración dos galegos respecto do pan. Fíxoo a través do deseño e validación dun cuestionario de 60 preguntas e máis de 200 posibles ítems de resposta, co que enquisou a 204 suxeitos de diversos puntos da xeografía galega.

O obxecto deste traballo de sondaxe é o de avaliar o grao de coñecemento da poboación galega sobre a orixe, a procedencia e o papel do pan na alimentación, o consumo, a tradición e o ouso do pan no fogar, así como os gustos persoais e tamén outros datos referidos ao glute.

Os resultados obtidos apuntan cara unha relación estreita coas características sociais e demográficas das persoas enquisadas. Daquela, o feito de pertencer a un grupo de idade, provincia e/ou sexo, garda relación, entre outros indicadores, coa cantidade e tipo de pan consumido.

Proposta de modelado 3D

Cata profesional de pan | Grupo Da Cunha
Cata profesional de pan | Grupo Da Cunha

De xeito parello a este estudo de valoración do pan galego, un dos máis apreciados en España, Jesús Fernández Cruces incorporou ao seu TFG, a través da aplicación de escaneado en 3D, modelos tridimensionais de pans con medidas semellantes ás reais. A aplicación destes modelos en 3D, sinala Fernández Cruces, resultou moi útil á hora de que as persoas precisaran a cantidade de alimento consumido, ao tempo que supón ou, cando menos, pode constituír unha ferramenta de gran utilidade na consulta clínica dos profesionais dietistas-nutricionistas, engade.

O gañador do I Premio da Cátedra do Pan e do Cereal do Campus Terra da USC recibirá este galardón, dotado con 1.000 euros en métálico, ademais de coa posibilidade de gozar dunha experiencia de traballo no Grupo Dacunha a través dun contrato laboral de seis meses de duración, o vindeiro 21 de xaneiro no marco dun acto público que se desenvolverá na Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo.

Composición e criterios do xurado

O xurado encargado de fallar a primeira edición dos Premios da Cátedra do Pan e do Cereal da USC, un comité avaliador presidido pola directora desta cátedra universitaria do campus de Lugo, Ángeles Romero, e do que tamén forman parte o presidente do Grupo Dancunha, Manuel Dancuha; o enxeñeiro agrónomo da referida empresa Fernando Almedia, ademais dos vicerreitores da USC Montserrat Valcárcel Armesto e Gumersindo Feijóo Costa, e o catedrático do Departamento de Produción Vexetal da USC, Santiago Pereira, deu a coñecer este martes a súa resolución logo da reunión celebrada no edificio Cactus do campus de Lugo.

O xurado, tal e como se establece nas bases da convocatoria dos Premios da Cátedra do Pan e do Cereal da USC, tivo en conta na súa valoración a orixinalidade e a innovación do traballo, a aportación persoal do alumno e o alcance do traballo a nivel formativo; a calidade, rigor e metodoloxía científica axeitada ao problema exposto; a posta en valor do pan tradicional, cereais e outros derivados; a utilidade ou aplicabilidade social, científica e a capacidade de achegar a resolución de problemas ou necesidades científicas ou sociais, así como a viabilidade económica e a creación de postos de traballo.

“Hai que conseguir que o pan galego volva ao seu lugar protagonista”

ÚLTIMAS

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...