InicioCulturaO comercio de madeira na Península, cerna dos imperios globais da Idade...

O comercio de madeira na Península, cerna dos imperios globais da Idade Moderna

O perfeccionamento do deseño naval e o aumento da demanda puxeron a proba a xestión da madeira na Península Ibérica para abastecer ás flotas hispana e lusa

PUBLICADA O

- Advertisement -

ALBERTO QUIAN | Un equipo de investigadores vén de publicar os primeiros resultados das análises químicas dos restos do galeón Santiago de Galicia, afundido en 1597 en Ribadeo, e da fragata da Armada española Santa María Magdalena, botada en 1773 en Ferrol e que foi a pique en 1810 en Viveiro. Os resultados evidencian que os cascos destes navíos foron construídos con madeira de carballo do noroeste peninsular e que en Europa se teceron rutas comerciais para o subministro de distintos tipos de madeira destinada ás frotas española e portuguesa, sendo o “motor da primeira globalización”.

As augas galegas agochan tesouros arqueolóxicos de incalculable valor que falan de historias de invasións e armadas invencibles, de rutas comerciais que anticiparon a globalización ou do desenvolvemento tecnolóxico e das exquisitas e avanzadas artes e técnicas de construción naval en épocas gloriosas e épicas como a do Imperio español.

Historias que se poden ler nas madeiras de pecios que se conservan na nosa costa, como o galeón Santiago de Galicia –nave capitá da segunda Armada Invencible montada por Felipe II–, que foi a pique en 1597 na ría de Ribadeo, ou a fragata Santa María Magdalena, afundida na madrugada do 2 de novembro de 1810 na ría de Viveiro, por mor dunha tempestade, e que formaba parte da frota hispano-inglesa que loitou contra a ocupación francesa.

Restos da fragata da Armada española 'Santa María Magdalena', afundida na ría de Viveiro en 1810 | Jesús Ramil
Restos da fragata da Armada española ‘Santa María Magdalena’, afundida na ría de Viveiro en 1810 | Jesús Ramil

Un equipo internacional e interdisciplinar de científicos estivo traballando durante catro anos no proxecto ForSEAdiscovery (Forest Resources for Iberian Empires: Ecology and Globalization in the Age of Discovery) –financiado polo programa Marie Curie da Unión Europea con 4 millóns de euros, e dirixido desde o Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) pola profesora Ana Crespo Solana–, co que se pretende engadir novos parágrafos á historia sobre como os reinos de España e Portugal exploraron os mares do mundo, trazaron as rutas da primeira globalización e forxaron os seus imperios desde estaleiros nos que se construíron auténticas xoias da arquitectura naval.

Agora, os investigadores comezan a explicar o como, coa publicación dos primeiros resultados das investigacións. A resposta está nas madeiras daqueles buques imperiais. Nelas, no fondo do mar, gardábanse segredos que agora reflotan.

Grazas ao proxecto ForSEAdiscovery –iniciado en 2013– sabemos que a madeira de carballo foi parte do material co que se construíron estes buques históricos, utilizada para a construción dos seus cascos. Madeira de carballo que procedía do norte da Península Ibérica e que se combinou coa doutras especies de árbores de distintos puntos da Península e de Europa (como o piñeiro do Báltico, por exemplo, utilizado para os mastros).

Pode ler a reportaxe completa no GaliciaConfidencial

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...