InicioSociedadeA Valedora xustifica a ausencia do galego en hospitais con contratos privados

A Valedora xustifica a ausencia do galego en hospitais con contratos privados

A Valedora do Pobo defende á Consellería de Sanidade e alega que non se pode esixir a empresas privadas que instalen os seus sistemas en galego

PUBLICADA O

- Advertisement -

Xornal de Vigo | A Irmandade da Sanidade Galega (ISAGA), organización que pretende fomentar o uso do galego no ámbito sanitaro, denuncia o “proceso de eliminación do idioma galego” que está a realizar a Consellería de Sanidade no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. “Non estaría moi satisfeito Álvaro Cunqueiro se puidese observar o que está a suceder coa lingua galega no hospital  que leva o seu nome”, lamenta.

O ISAGA denuncia a desaparición do galego en varios ámbitos do hospital. Así, no aparcadoiro o idioma do sistema mecanizado é o castelán, tamén nos ascensores e mesmo os impresos para as citas e consultas que expiden as máquinas así como os resultados analíticos están escritos exclusivamente en castelán.

Ademais, o persoal que atende e informa aos usuarios nos mostradores utiliza sempre o castelán aínda que o usuario se dirixa a eles en galego. A estes feitos cómpre engadir que a historia clínica e a prescrición electrónica están programadas para usar de xeito preferente o castelán e non o galego. “Por suposto, as autoridades sanitarias tamén fan deixación da súa obriga con respecto ao idioma: o Conselleiro e os numerosos altos cargos do Sergas utilizan a cotío o castelán nas súas intervencións públicas”, sinala esta entidade.

Valedora do Pobo

De feito, esta situación xa chegou á Valedora do Pobo a través dunha queixa. Pero a súa resposta, lonxe de tranquilizar a esta entidade, revolucionouna. No canto de reclamar á Consellería de Sanidade o cumprimento da norma e o respecto da lei, o organismo de defensa dos dereitos dos cidadáns utiliza argumentos exculpatorios como que o aparcadoiro está xestionado por unha empresa privada, o software das máquinas é instalado polo fabricante no idioma que el elixe ou que as analíticas están feitas e informadas por unha empresa multinaciona.

“Resulta bochornoso e inxustificable que unha institución creada para a defensa do cidadán e dos seus dereitos actúe con esta complicidade coa Xerencia do hospital e a Consellería de Sanidade, que vulneran claramente a Lei de Normalización da Lingua”, denuncia o ISAGA.

O ISAGA lembra que a Lei de Normalización Lingüística recoñece  o galego como lingua oficial das institucións e da Administración, pero isto parece non importar neste e noutros hospitais. Din que todo o sistema sanitario galego está a padecer un progresivo descenso no uso do noso idioma na práctica asistencial. Por iso, reclaman da Xunta que impulse e potencie o idoma propio na súa rede sanitaria e que o Valedor rectifique e “actúe con firmeza”.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...