Lugo cumpre coa liturxia tradicional da ofrenda a San Froilán

A comitiva da corporación municipal, acompañada dos Campeiros de San Xoán do Campo, procura a protección do patrón San Froilán coa ofrenda floral na Catedral de Lugo

Oficio polo patrón San Froilán na Catedral de Lugo | Concello de Lugo
Oficio polo patrón San Froilán na Catedral de Lugo | Concello de Lugo

A corporación municipal rendiu este venres homenaxe a San Froilán, cumprindo coa liturxia. A comitiva desprazouse, en compañía dos Campeiros de San Xoán do Campo, dende a Casa Consistorial ata a Catedral, onde procuraron a protección do patrón neste día festivo. A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidiu a ofrenda floral na sé catedralicia.

Finalizado o ritual, Lucus Ensemble, Pilocha e Lis Latas comezaron a actuación na Praza de Santa María. Dende mediodía poden escoitarse asemade os pasarrúas, a cargo de Trastiños de Castelo, Devandoira Infantil, Os Amigos de Manolo, A Excusa, Garrafón.com, Airiños de Orbazai, Os Festicultores e Louband.

Comitiva da corporación municipal rumbo á Catedral | Concello de Lugo
Comitiva da corporación municipal rumbo á Catedral | Concello de Lugo

Skintinght e Vrásica amenizarán as sesións vermú na Rinconada do Miño e en Campo Castelo, respectivamente. Pola tarde, dende as 19.00 horas, celebraranse a verbena galega d`antes –con actuacións e obradoiros de baile tradicional a cargo de Xabier Iglesias–, o concerto de La MODA e o de Zenet, con actuacións de hip hop e un espectáculo piromusical para completar a programación do día de San Froilán.

Este sábado, Día de Ferrol, o Concello ten preparados os pasarrúas de Antaruxas e Sorteiros, Son do Miño, Fábrica de Sons, West Side Bones, Arrincadeira Folk e Treboada. A noite estará nas mans de Hombres G, Javiera Mena, a orquestra La Favorita e os Djs de Galician Army, Manu Chady, Frisco & Marcos Peón.

Máis información en www.sanfroilan.info

O pregón de Manuel Lombao inaugura oficialmente o San Froilán 2018

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here