InicioCulturaRobe Iniesta, Estopa e Morad encabezan o cartel do Caudal Fest de...

Robe Iniesta, Estopa e Morad encabezan o cartel do Caudal Fest de Lugo

León Benavente, Ilegales, Delaossa ou Ciudad Jara son outros dos grandes nomes da cita, que se celebrará o 16 e 17 de setembro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Robe Iniesta, Estopa, Morad, León Benavente, Ilegales e Delaossa encabezan o cartel do Caudal Fest, “a última gran festa” do verán galego que regresa a setembro na cidade de Lugo.

Unha edición que terá lugar o 16 e o 17 de setembro nos xardíns do Pazo de Feiras e Exposicións da Cidade das Murallas cun elenco de artistas heteroxéneos no que se combina a experiencia de nomes como o líder de Extremoduro con novos expoñentes do panorama musical como o barcelonés Morad.

A “última gran festa” do verán galego traerá de novo a Galicia a Robe Iniesta, embarcado no seu proxecto en solitario tras a errada xira de despedida de Extremoduro, primeiro posposta pola pandemia e despois cancelada definitivamente. Tamén visitarán Lugo os irmáns David e José Muñoz, con máis de dúas décadas ás costas paseando o nome de Cornellá de Llobregat polos escenarios de todo o Estado. O Caudal Fest será a única oportunidade para ver a Estopa este verán en Galicia.

Da experiencia de Robe e Estopa a Morad, o compositor e rapeiro catalán que popularizou o xénero ‘drill’ entre a mocidade con milleiros de escoitas en todas as plataformas dixitais. Estes son os tres grandes nomes que encabezan o Caudal Fest, cuxo primeiro avance da súa programación foi presentado este xoves nunha rolda de prensa que contou coa participación da alcaldesa luguesa, Lara Méndez, e o CEO da produtora Bring The Noise, Iván Méndez.

LEÓN BENAVENTE, ILEGALES E PROPOSTAS GALEGAS

Ademais, León Benavente presentará o seu cuarto álbum ‘ERA’ en Lugo, onde estarán outra das bandas máis lonxevas do rock español, Ilegales, embarcados na xira do seu 40 aniversario. O rapeiro malagueño Delaossa, un dos artistas con máis proxección do hip hop actual, e o grupo de electropop Cupido –liderado polo trapeiro Pimp Flaco– son outras das bandas que achegan o toque urbano ao festival.

Ciudad Jara, Cariño, Mujeres, Ciclonautas, Paranoid 1966, Judeline, Fresquito e Mango ou Los Flamingos, completan o avance de bandas estatais da cita luguesa, que ten a Terbutalina, Grande Amore ou os carballeses Apart como representantes da música galega. As entradas estarán á venda a partir do próximo mércores 11 de maio ás 12,00 horas do mediodía a partir dun prezo de 39 euros máis gastos.

ÚLTIMAS

Polémica por 300 hectáreas de monte veciñal no paraíso hippie de Negueira de Muñiz

É posible atopar restos de neve nos costados da sinuosa estrada que descende desde...

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...