InicioCulturaA Festa da Primavera, a primeira das actividades do Arde Lucus Cultural

A Festa da Primavera, a primeira das actividades do Arde Lucus Cultural

As asociacións Civitas Lucensis, Clan De Breogán, Lugdunum, Mercenarios Galaicos e Trebas participarán con obradoiros e unha representación das vodas celtas e ofrendas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo prepárase un ano máis para revivir o seu pasado romano, e como antesala a súa gran festa de recreación histórica, que se celebrará do 8 ao 12 de xuño, comezan xa as actividades do programa Arde Lvcvs Cultural.

A primeira delas será a Festa da Primavera, que se desenvolverá este sábado, 24, na Horta do Seminario, de 11.00 horas a 20.00 horas. Segundo lembrou o concelleiro de Xuventude, Mauricio Repetto, “é unha das festividades galaicas máis importantes antes da chegada do Imperio Romano e con gran influencia na nosa cultura, dado que este tipo de celebracións marcaban os cambios de estación e a chegada do bo tempo, pasando ás estacións de fertilidade, luz e vida, deixando atrás as estacións máis frías e escuras”.

Así, este sábado, as asociacións Civitas Lucensis, Clan De Breogán, Lugdunum, Mercenarios Galaicos e Trebas Galaicas participarán con diferentes obradoiros de traballos en coiro, barro, cociña e cestería, pero tamén prepararán unha representación das vodas celtas, das ofrendas dos e rituais inspirados nos antigos poboadores. Ás 20.00 horas haberá un desfile polas rúas da cidade.

Repetto anima á cidadanía a participar nesta primeira acción dun completo programa de actividades previo ao gran Arde Lvcvs, “que este ano recuperará todo o seu esplendor tras dos anos de pandemia”. O concelleiro puxo en valor o traballo que están a realizar  as 19 asociacións de recreación histórica do municipio, e avanzou que o Arde Lvcvs Cultural, “que anunciaremos nos vindeiros días, inclúe medio cento de actividades de inspiración romana e castrexa, que se desenvolverán ata xuño”.

Ademais, o sábado tamén terá lugar, no Cantiño Nemesio Cobreros, unhas xornadas de lanzamento de bolos organizadas polo Club de Bolos Celtas Muralla, de 10.00h a 14.00h en xornada de mañá, e de 16.30h a 20.30h pola tarde.

PROGRAMACIÓN

 » 11:30 h. Obradoiro de traballos en coiro

» 12:00 h. Obradoiro de traballos con barro

» 12:30 h. Pregúntalle ao péndulo

» 13:00 h. Representación de vodas Celtas

» 13:30 h. Cociña Galaica

» 16:15 h. Mostra traballo de cestería

» 16:45 h. Oráculo Galaico

» 17:30 h. Representación de vodas Celtas y escenificación de Loita Galaica

» 19:00 h. Ofrendas e rituais á deusa Navia

» 20:00 h. Desfile polas rúas da cidade

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...