InicioCulturaA Sociedade Filarmónica de Lugo programa 13 concertos ata maio a partir...

A Sociedade Filarmónica de Lugo programa 13 concertos ata maio a partir deste sábado polo seu 75 aniversario

O concerto do próximo sábado será gratuíto e tamén se venderán entradas para estas audicións que se celebrarán no Circulo das Artes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Sociedade Filarmónica de Lugo vai programar 13 concertos ata maio a partir deste sábado con motivo do 75 aniversario da súa fundación.

O secretario da sociedade, José Luís Díaz, avanzou que será das programacións “máis ambiciosas das últimas décadas”, con motivo desta efeméride, coa presenza “do tres orquestras máis importantes” da comunidade galega, entre elas a Sinfónica de Galicia e tamén a Real Filharmonía con dous pases.

Xa para o 2022 e coincidindo co 125 aniversario da morte de Brahms, o cuarteto Quiroga interpretará pezas do autor alemán non só en Lugo senón tamén “no auditorio Nacional de Madrid”. Tamén, dentro desta programación, inclúese a presenza de solistas, entre outros do violinista francés David Grimal.

O concerto do próximo sábado será gratuíto e tamén se venderán entradas para estas audicións que se celebrarán no Circulo das Artes.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...

Denuncian unha agresión a unha menor durante unha manifestación en Lugo por levar unha bandeira saharauí

Comunidade Saharauí en Galiza presentou unha denuncia pola agresión sufrida por unha menor saharui durante unha...