InicioCultura'Músicas a carón da Mosqueira' arrinca este luns cun concerto de Serendipia...

‘Músicas a carón da Mosqueira’ arrinca este luns cun concerto de Serendipia Ensemble

O concerto programado para o luns 22 de marzo ao abeiro do convenio Lugo Cultural comeza ás 20.00 horas

PUBLICADA O

- Advertisement -

O grupo de música antiga Serendipia Ensemble abrirá o luns 22 de marzo o ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’ cun concerto de frautas de pico e percusión, a partir das 20.00 horas, no Círculo das Artes de Lugo. A actuación servirá de arranque da nova programación deseñada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo.

O trío Serendipia Ensemble, formado por tres músicos novos (Rita Rodríguez, Moisés Maroto e Pablo Cantalapiedra) cunha forte formación académica na música antiga e a musicoloxía, ademais dunha xa dilatada experiencia sobre os escenarios, ofrecerá en Lugo un repertorio que permitirá ao público viaxar pola historia desde o século XV ata o XVIII a través da música.

Daquela, no seu repertorio, que se prolongará durante unha hora, Serendipia Ensemble interpretará composicións de Jacques-MartinHotteterre, Aurelio Virgiliano, Diego Ortiz, Giovanni Bassano, George Philipp Telemann, Giovanni Mateo Asola ou Jonh Playford. Os seus programas tentan representar, mediante a música, diferentes escenas e alegorías filosóficas de obras teatrais escritas por grandes.

RESERVA DE ENTRADAS

As persoas interesadas en asistir como público ao concerto que ofrecerá este luns 22 de marzo Serendipia Ensemble no Círculo das Artes de Lugo poderán solicitar as entrada de xeito gratuíto a través do enderezo de correo electrónico cultura.lugo@usc.es. O aforo é limitado e está condicionado pola normativa derivada por mor da pandemia da COVID-19, coa pretensión de minimizar riscos e garantir a seguridade e a saúde das persoas.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...