InicioSociedadeLugo homenaxea a asociación Pepe Barreiro no medio dun Entroido telemático

Lugo homenaxea a asociación Pepe Barreiro no medio dun Entroido telemático

A edil de Cultura anima a participar nas actividades virtuais pensadas para estes días

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo difundiu nas súas redes sociais un vídeo elaborado pola Asociación Pepe Barreiro como homenaxe aos 20 anos de vida da asociación e como xeito de lembrar as actividades realizadas.

A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, explicou que “as veciñas e veciños de Lugo poderán ver imaxes das distintas actividades organizadas pola Asociación, xunto con retrospectivas dos enterros da sardiña”. No vídeo, ademais, inclúense imaxes que fan referencia á exposición “Asociación Pepe Barreiro, un antes e un despois”, que se situou durante o Entroido pasado na Rúa da Raíña.

“Desde a área de Cultura organizamos unha serie de actividades telemáticas para manter viva a esencia do entroido de Lugo, garantindo o cumprimento das medidas sanitarias”, explicou Maite Ferreiro. “Achegamos unha proposta de concertos contando coma sempre cos grupos e as empresas do tecido cultural local xunto cun certame telemático de disfraces a través das redes sociais, aberto a fotos novas e de outros anos, para lembrar as distintas celebracións do Entroido”.

As persoas que o desexen participar no certame de disfraces, deberán subir unha foto ou vídeo ás redes sociais, antes do 17 de febreiro as 14 horas, co disfraz de Entroido do ano actual ou de anos anteriores, e etiquetar a publicación co cancelo #Entroideando. Na descripción da publicación deberá indicarse tamén o ano de realización, e nas imaxes de nova realización deberán cumprirse todas as normativas sanitarias vixentes, derivadas da crise sanitaria.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...