InicioCulturaVisitas virtuais aos museos de Lugo para facer máis levadeira a estancia...

Visitas virtuais aos museos de Lugo para facer máis levadeira a estancia hospitalaria dos nenos

A Rede Museística Provincial lanza 'Saudarte en rede', un programa de experiencias en liña que inclúen xogos e probas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Rede Museística Provincial lanza “Saudarte en rede”, unha nova programación en liña pensada para acompañar a estancia hospitalaria de nenos e nenas a través da experiencia cultural nos museos.

Os museos provinciais ofrecen a través de Whatsapp estas actividades, deseñadas cun formato sinxelo, lixeiro e flexible, para desenvolver en pouco tempo e espazadas ao longo da semana.

A proposta, que conta coa colaboración da área de Humanización da  Área Sanitaria de Lugo, ofrece ás crianzas ingresadas nos centros hospitalarios “coñecer os catro museos a partir de diferentes xogos e probas, aproveitando os recursos en liña da rede provincial”, explicou a xerente da Rede, Encarna Lago.

A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, sinalou que con esta nova proposta se “segue a ampliar a oferta de actividades dos museos provinciais, que desde o inicio da pandemia se procuraron fórmulas para seguir achegando o patrimonio a todos os públicos.

CATRO EN REDE

A partir dunha personaxe de ficción –un trasno rabudo que quere separar os museos-, dous días á semana propóñense unha serie de xogos e actividades que terán que ver cos contidos, coleccións e profesionais dos catro museos ata completar o percorrido por todos eles .

SCAPE ROOM

Trátase de visitas virtuais artelladas a redor de distintas temáticas, buscando establecer conexión entre as distintas pezas dos museos. O Lugo romano, a vestimenta ao longo da historia ou a igualdade son algúns dos eixos temáticos que se propoñen para estes percorridos.

As persoas interesadas en participar en calquera  das actividades poden anotarse a través do telefóno 699 836 883 ou do correo a comunidadermpl@gmail.com, indicando no asunto “Saudarte en rede”.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...