InicioMedioambiente e PatrimonioUn paseo virtual polo medio das árbores das Reservas de Biosfera de...

Un paseo virtual polo medio das árbores das Reservas de Biosfera de Lugo

A Deputación amosa na súa web unha exposición coas instantáneas admitidas no VI Concurso de Fotografía con esta temática

PUBLICADA O

- Advertisement -

As trinta instantáneas admitidas no VI Concurso de Fotografía das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá poden verse xa nunha exposición virtual na páxina web da Deputación de Lugo.

Segundo lembrou a institución provincial nun comunicado, esta edición, que tivo como fío condutor ‘As nosas árbores’, busca pór en valor e dar a coñecer o patrimonio natural destas dúas Reservas da Biosfera. Entre as fotografías atópanse tamén as tres vencedoras desta edición, que levan por título ‘As árbores, o corazón das nosas Reservas’, ‘Monumento Natural’ e ‘Green’.

A sétima convocatoria do concurso, que versará sobre ‘Sendeiros’ das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses, dará a coñecer as bases nas próximas semanas a través do Boletín Oficial da Provincia.

OS ANCARES E NATIONAL GEOGRAPHIC

Unha das imaxes gañadoras do IV Concurso de Fotografía das Reservas Terras do Miño e Os Ancares Lucenses ilustra o mes de marzo no calendario do 2021 editado pola Rede Española de Reservas da Biosfera, en colaboración coa prestixiosa revista National Geographic. A fotografía, do castro de Santa María de Cervantes, foi realizada por Óscar Doral e leva o título de ‘Ocaso Castrexo’.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...