O gravador Julio Prieto, estrela do Museo de Lugo tras a remodelación da súa sala monográfica

A sala acolle 19 gravados.

Visita da vicepresidenta da Deputación Maite Ferreiro á sala remodelada do gravador Julio Prieto Nespereira / remitida

O Museo Provincial de Lugo acometeu unha remodelación da sala monográfica dedicada ao gravador Julio Prieto Nespereira. O departamento de Belas Artes e Restauración encargouse dos traballos, que consistiron na substitución do enmarcado e na revisión do estado de conservación dos 19 gravados e a escultura do artista que se expoñen na sala.

Esta actuación completa a remodelación da sección de gravado do museo, tras os traballos efectuados coas coleccións de Castelao e Castro Gil. Concluíu así o reenmarcado de todas as obras expostas e o seu acondicionamento con materiais específicos como carpetas de conservación, vidros antirreflectantes con protección UV e transparentes, marcos e molduras axeitados á normativa museográfica para garantir a conservación preventiva destes bens. Ademais, o departamento de Restauración supervisou e actuou nas obras que precisaban algunha intervención.

COLECCIÓN JULIO PRIETO NESPEREIRA

A sala Julio Prieto Nespereira acolle dezanove gravados realizados coa técnica do augaforte e unha escultura, obras que o artista doou ao Museo Provincial de 1981. A partir deste ingreso acondicionouse un espazo monográfico que no ano 2010 foi reubicado no primeiro andar do museo creándose a sección de debuxo e gravado galego.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here