InicioCulturaA primeira filmersión do mundo será en Baleira

A primeira filmersión do mundo será en Baleira

O protagonista da historia será o propio espectador.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O sábado 22 de agosto terá lugar en Baleira a primeira filmersión do mundo chamada ‘O camiño inmersivo‘ organizada pola produtora galega microsoños. Todo isto é posible grazas a unha campaña de crowdfunding na que a produtora conseguiu os apoios necesarios para este proxecto.

As filmersións son un novo concepto de ocio no que o espectador tradicional dun filme convértese nun participante da historia, que interactúa cas personaxes. Contan cunha coidada ambientación, que mergulla aos participantes na época e no lugar retratados. A experiencia é filmada dando lugar a unha peza audiovisual filmersiva.

‘O camiño inmersivo’ realizarase en distintos puntos da xeografía galega, alí por onde pasa o Camiño de Santiago. A historia incorporará lendas da icónica ruta. Esta filmersión ofrece un xeito novidoso de vivir o cinema, no que se deixan de lado os convencionalismos do formato para mesturalo coa representación histórica e a adrenalina dunha experiencia de aventuras.

ÚLTIMAS

O PPdeG acusa a PSOE e BNG de apostar pola privatización nas residencias de Lugo

O PPdeG acusa a PSOE e BNG dun "modelo privatizador" nas residencias da provincia...

Condenada por trapichear con dous gramos de cocaína en Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano e medio de cárcere a...

Detidos os dous membros dunha parella por agredirse mutuamente en Lugo

A Policía Local de Lugo detivo na madrugada do martes aos dous membros dunha...

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...