InicioCulturaA cidade non renuncia ao Arde Lucus e manterá viva a súa...

A cidade non renuncia ao Arde Lucus e manterá viva a súa chama con medio cento de actividades

Haberá desfiles, 'vodas celta' e actos en liña. Nas actividades presenciais respectarase en todo caso as recomendacións sanitarias e evitaranse aglomeracións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A festa para celebrar o pasado romano e castrexo de Lugo tirará este ano de ferramentas moi actuais. A cidade non renuncia ao festexo e adaptarase para que Arde Lucus 2020 sexa posible incluso na actual situación. Será, iso si, con desfiles, vodas celtas e actos en liña.

Nunha rolda de prensa celebrada este venres, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, agradeceu a todas as asociacións “o traballo realizado durante todas as edicións” porque compoñen “a alma do Arde Lucus”. Así, dado que este ano o Arde Lucus non poderá celebrarse, afrontan este ano como “a antesala do vixésimo aniversario da festa romana”, segundo apuntou a rexedora.

Así, confían en conseguir a consideración como Festa de Interese Turístico Internacional que xa solicitaron formalmente. “Non queriamos deixar de facer algo polo Arde Lucus“, comentou a alcaldesa, que quere que Lugo “sexa unha xanela aberta ao exterior para seguir conseguindo ese recoñecemento internacional”.

O consistorio lucense pretende que o Arde Lucus “estea presente na cidade o próximo fin de semana”, datas elixidas para un festival que a pandemia obrigou a reformular. Búscase a “implicación” dos veciños e pídeselles “que se caractericen e engalanen a cidade”. Pola súa banda, a concelleira de mocidade, Ana González Abelleira, destacou que o obxectivo é “manter a maxia” da festa con actos en en liña e nas rúas, onde se respectarán as medidas de seguridade.

PROGRAMACIÓN

Así, están programadas máis de medio centenar de actividades ao longo do fin de semana que chegarán a “todos” os barrios de Lugo para “que se sintan os tambores” por toda a cidade.

As vodas celtas manteranse porque a tradición “manda continuar durante sete anos” para que non se efectúen divorcios, segundo explicou Aballeira. As actividades que requiran a presenza física serán “con cita previa” e con “preferencia para as parellas” que queiran continuar co seu matrimonio celta, afirmou Ana González Abelleira.

“Non haberá grandes masificacións de xente”, subliña o goberno local, que insiste en que todas as actividades programadas “serán adaptadas ás normas sanitarias”.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...