InicioCulturaA Ribeira Sacra celebra o seu viño durante esta fin de semana

A Ribeira Sacra celebra o seu viño durante esta fin de semana

O II Festival do Viño da Ribeira Sacra é un encontro cos mellores caldos da zona pero tamén con roteiros enolóxicos, a gastronomía, a artesanía e a música

PUBLICADA O

- Advertisement -

A xornada do venres serviu para inaugurar o II Festival do Viño da Ribeira Sacra, no Paseo do Malecón. Trala cata de viños que organizou o Consello Regulador da Denominación de Orixe, e a correspondente entrega de premios no Parador de Monforte, as autoridades realizaron un acto solemne coma aperitivo do groso da programación, a desenvolver entre sábado e domingo ata as 14.00 h.

O devandito Paseo do Malecón transcorre a carón do río Cabe e todo o mundo coincide en que a localización foi unha gran elección, tanto pola amplitude do espazo para poder camiñar polos diferentes postos das adegas como pola sombra das árbores e a proximidade do río. Ademais, o espazo permite gozar dos outros atractivos da mostra, postos de artesanía e gastronomía. Dado o éxito do ano pasado tamén haberá obradoiros infantís para os máis pequenos (olería, obradoiro sensorial, conta contos e manualidades) sábado e domingo, este último día só en horario de mañá.

Tamén se manteñen este ano as ofertas enoturísticas con diferentes “viño rutas” dende hoxe venres ata o sábado tarde. Itinerarios deseñados exclusivamente para esta edición nos que se visitarán diferentes adegas e se gozará de recunchos pouco coñecidos dos ríos Miño e Sil; pero tamén se viaxará ata terras de Quiroga pasando pola Pobra do Brollón para coñecer as Adegas de Vilachá ou o Miradoiro da Capela. Xa en Quiroga, coñecerase de preto a cultura do aceite na zona visitando un muíño e unha empresa que comercializa este ouro verde.

24 serán as adegas presentes este ano, adegas que queren aproveitar este interesante escaparate para dar a coñecer e vender moitas botellas de viño a veciños da zona e aos numerosos visitantes que se esperan aproveitando esta fin de semana de bo tempo. O evento está auspiciado polo Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra e o Concello de Monforte de Lemos.

Outro dos pratos fortes da programación do II Festival do Viño da Ribeira Sacra son os concertos, atractivo musical para as noites na Praza España de Monforte de Lemos, a tan só 5 minutos do recinto feiral. Se o venres actuaron Najla Shami e Sons do Douro, este sábado ás 22.30 horas o farán Davide Salvado con Pedro Pascual e a continuación A Banda da Loba.

 

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...

Denuncian unha agresión a unha menor durante unha manifestación en Lugo por levar unha bandeira saharauí

Comunidade Saharauí en Galiza presentou unha denuncia pola agresión sufrida por unha menor saharui durante unha...