InicioCulturaOs grupos locais serán os protagonistas dun San Froilán sen concertos multitudinarios

Os grupos locais serán os protagonistas dun San Froilán sen concertos multitudinarios

Este xoves celebrouse unha reunión telemática entre Maite Ferreiro e diferentes axentes culturais para barallar as primeiras propostas

PUBLICADA O

- Advertisement -

A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, reuniuse hoxe telematicamente con axentes vinculados ao San Froilán para conversar sobre os cambios que sufrirán estas festas a causa da crise sanitaria. Unha das medidas adoptadas será a de que os grupos locais teñan todo o protagonismo, no canto de promover concertos multitudinarios.

Segundo informou a concelleira de Cultura, “nesta edición das festas aumentaranse as actividades escénicas en distintos puntos de Lugo” e restarase peso aos eventos grandes para primar a seguridade da veciñanza.

A xuntanza telemática contou coa participación de Lois Pérez, da AELG; Tareixa Campo, intérprete de Filomena e integrante de Achádego Teatro; Bruno Villamor, integrante do grupo Cantigas e Frores; Ángel, integrante do grupo Infrarroja, Cheché Real, presidente da APEHL e Alberte Cabarcos comunicador e traballador do sector audiovisual. As propostas que se manexan serán trasladadas á comisión de festas para buscar o consenso da corporación, aseguran.

O PP PIDE QUE SE TEÑAN EN CONTA TODAS AS OPINIÓNS

Neste sentido, o grupo municipal do Partido Popular non entende que “a catro meses da celebración das patronais” aínda non se convocara a Comisión de Festas. Piden unha xestión “máis democrática” e que “conten” co PP á hora de realizar e acoller propostas.

Para os populares resulta “desconcertante” o manexo do dobre discurso dos nacionalistas xa que “durante a súa etapa na oposición reclamaban participación e agora que pisan moqueta parecen esquencer o significado desta palabra”

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...