O San Froilán 2020 celebrarase, pero “non terá nada que ver” co doutros anos

O goberno local convocou unha reunión virtual, este xoves 4 ás 18:00 horas, con todos os colectivos implicados na organización das festas. Os propios veciños poderán achegar ideas.

(Arquivo) A Praza Maior na edición anterior do San Froilán | Concello de Lugo
A Praza Maior no San Froilán | Concello de Lugo

EFE | A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, confirmou que “o San Froilán deste ano celebrarase”, aínda que tamén avisa de que seguramente, dadas as restricións impostas polas autoridades sanitarias para facer fronte ao COVID-19, seguramente “non terá nada que ver co que estamos afeitas a gozar”.

Nese sentido, Ferreiro precisou que a intención da área de Cultura é “conseguir unhas festas seguras e nas que poidan participar todos os veciños de Lugo”. “A día de hoxe non sabemos cal vai ser a situación sanitaria en outubro”, polo que o goberno local trata de adaptarse ás circunstancias e segue “traballando para facer as mellores festas” posibles sempre tendo en conta as “indicacións das autoridades sanitarias” e a seguridade das veciñas.

Por iso, o goberno local convocou unha reunión virtual para este xoves 4 de xuño con todos os colectivos implicados na organización das festas. Será a través das redes sociais, a partir das 18:00 horas e baixo o título de ‘Como vai ser o San Froilán 2020’. Nela tamén poden participar e “achegar as súas ideas” os propios veciños da cidade para “conservar” as “festas máis emblemáticas” de Lugo.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here