Davide Salvado, Olga Novo ou Ugia Pedreira, entre as actuacións dun ciclo virtual polo Día das Letras

A Deputación de Lugo ofrecerá unha programación especial que tamén inclúe espectáculos para nenos. Poderá seguirse nas redes sociais e na canle de Youtube da Vicepresidencia entre o 17 e o 27 de maio.

Ugía Pedreira | EUTROPIO RODRÍGUEZ

A área de Cultura da Deputación de Lugo celebrará as Letras Galegas coa programación en liña ‘As Letras en rede‘, que inclúe unha decena de actuacións musicais e escénicas. Davide SalvadoRaiceira, Ugia PedreiraPepe VaamondeMamá Cabra, Mircromina TíteresAna CarreiraLois PérezOlga Novo e Marina Oural completan o elenco artístico deste novidoso ciclo cultural en rede, que poderá seguirse nas redes sociais e na canle de Youtube da Vicepresidencia (@vicedepulugo) entre o 17 e o 27 de maio ás 19.00 horas.

A iniciativa, na que colaborou a área de Cultura do Concello de Lugo, pretende trasladar ás redes o carácter reivindicativo e lúdico que acompaña a celebración do Día das Letras Galegas, dedicada este ano ao profesor e escritor Ricardo Carvalho Calero, mais tamén   apoiar aos profesionais da cultura, un dos sectores que está a sufrir o impacto da crise da Covid-19 pola suspensión dos espectáculos ao vivo.

ACTUACIÓNS GRAVADAS NO GUSTAVO FREIRE

Ademais dos artistas citados -músicas, actores, actrices, narradoras e poetas-, que volveron actuar despois de semanas sen actividade, a programación involucrou unha decena de profesionais que traballaron na produción e realización das actuacións, gravadas durante esta semana no auditorio do Gustavo Freire, con “todas as medidas hixiénico-sanitarias“, remarca a Deputación.

PARA TODAS AS IDADES

As Letras en rede ofrecerá ao longo de dez xornadas espectáculos en liña pensados para todas as idades, con atención tamén para o publico máis novo con espectáculos para público infantil e familiar.

Podes ler toda a información no Xornal da Mariña.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here