Os lucenses Laura LaMontagne & PicoAmperio e Candorka Trío, finalistas nos Premios Martín Códax da Música

Compiten nas categorías de Músicas Urbanas e Música Folk, respectivamente.

Laura LaMontagne & PicoAmperio | ALX

Os artistas lucenses Laura LaMontagne & PicoAmperio e o Candorka Trío son finalistas en cadansúa categoría dos Premios Martín Códax da Música 2020, no que hai un total de 60 proxectos musicais nomeados.

Laura LaMontagne & PicoAmperio compiten na categoría de Músicas Urbanas, canda a Kaixo e Mundo Prestigio. Pola súa parte, Candorka Trío disputarase o premio de Música Folk con Susana Seivane e Caldo.

Foron escollidos por un xurado profesional da asociación Músicas ao Vivo, pero serán as socias e socios de MAV as que decidan os proxectos gañadores de cada unha das vinte categorías. As votacións terán lugar entre o 20 de abril e o 3 de maio.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here