Lugo destinará 200.000 euros a reactivar o turismo na cidade tras a emerxencia sanitaria

O goberno local escoitará propostas do sector hostaleiro, especialmente afectado pola crise. Entre outras medidas, reforzaranse os espectáculos na rúa para "atraer xente" ao casco histórico.

Maite Ferreiro mantivo unha reunión telemática con representantes do sector hostaleiro | ALX

EFE | O Concello de Lugo destinará 200.000 euros do orzamento municipal para habilitar un plan de promoción turística da cidade cando remate a emerxencia sanitaria.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que o seu departamento reforzará, entre outras medidas, os espectáculos na rúa para “volver atraer a xente” ao casco histórico de Lugo. “Esta campaña estará dirixida a captar visitantes a Lugo e farase de acordo coas propostas que fagan desde o sector das hostalería, ademais de profesionais e axentes relacionados co turismo”.

Nese sentido, a edil xa mantivo nas últimas horas unha reunión telemática con integrantes da directiva da Asociación Provincial do Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL) para “coñecer de primeira man a situación na que se atopa o sector da hostalería durante a crise da COVID-19”, porque “se trata dunha situación especial que está a afectar enormemente a este sector”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here