InicioCulturaO cartel 'Imperivm' será a imaxe do Arde Lucus MMXX

O cartel ‘Imperivm’ será a imaxe do Arde Lucus MMXX

Un xurado profesional decantouse pola obra da deseñadora lucense Alba Platas Vigo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un xurado profesional escolleu esta mañá a obra ‘Imperivm‘, da deseñadora lucense Alba Platas Vigo, como o cartel que anunciará o Arde Lucus MMXX.

O deseño pasou unha primeira criba nas redes sociais, onde tamén resultara o máis votado (con 671 votos), para logo ser sometido á valoración experta dentro do certame convocado en xaneiro pola concellería de Xuventude. O xurado estaba formada polo vicedirector da Escola Superior de Arte e Deseño Ramón Falcón, Alejandro Carro, a deseñadora gráfica Paula Francos Anllo, e o fotógrafo Julio Diego Leira.

A autora de ‘Imperivm’, Alba Platas, recibirá 1.300 euros como premio, tal como estaba previsto nas bases do concurso.

ÚLTIMAS

Greenfiber reitera que Altri “non cambiará as condicións do Ulla” e alega que o estudo de Ence “non está actualizado”

Greenfiber, formada pola enerxética Greenalia e a multinacional lusa Altri, reiterou este martes que...

Falece no hospital un home de 92 anos que sufriu unha caída por un terraplén na Fonsagrada o domingo

Un home de 92 anos faleceu na madrugada deste martes no Hospital Lucus Augusti...

Ángel Pérez, aos seus 28 anos, perfílase para substituír a María José Gómez na alcaldía de Guntín

Ángel Pérez, concelleiro de Deportes de Guntín, perfílase para substituír a María José Gómez...

O BNG denuncia a situación da sanidade pública na Fonsagrada: atención telemática a maiores e prazas sen cubrir

A deputada do BNG no Parlamento, Olalla Rodil, presentou unha serie de iniciativas para denunciar a situación...