InicioCulturaO can de palleiro, protagonista dunha mostra fotográfica en Vilalba

O can de palleiro, protagonista dunha mostra fotográfica en Vilalba

O Concello de Vilalba agarda que esta exposición sirva para potenciar as colaboracións con asociacións e fomentar o turismo de congresos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O can de palleiro é o auténtico protagonista dunha exposición fotográfica que vén de ser inaugurada en Vilalba. ‘Clube Can de Palleiro. Raza autóctona galega’ é o título baixo o que a Casa da Cultura acolle esta mostra, que poderá visitarse ata o 17 de febreiro.

A exposición abriu ao público o pasado venres, da man do presidente e secretario de Clube Can de Palleiro, Juan Carlos Puente e Xosé Manuel Vales. Tamén os acompañaron a alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, e o concelleiro de Turismo e Comercio, Modesto Renda.

Os representantes da asociación subliñaron o seu desexo de dar a coñecer a raza, así como as actividades que desenvolve a organización dende o ano 2002. Pola súa parte, dende o Concello consideran a mostra unha primeira colaboración coa entidade e daría pé a continuar coa súa “aposta” polo turismo de congresos. Así, agardan que “Vilalba poida ser a anfitrioa dunha asemblea xeral anual de socios, que traería uns 400 visitantes ao Concello”.

Na mesma liña se pronunciou a rexedora local, Elba Veleiro, que trasladou a “total vontade de colaboración” do Concello para que esta sexa “a primeira de moitas iniciativas conxuntas”.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...