InicioCulturaLugo acolle unha conferencia sobre a achega de Alexandre Bóveda ao galeguismo

Lugo acolle unha conferencia sobre a achega de Alexandre Bóveda ao galeguismo

O Ateneo Galeguista organiza este evento, que conta coa participación da filla e do neto do homenaxeado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A asociación cultural Ateneo Galeguista de Lugo organiza o vindeiro mércores, 5 de febreiro, unha conferencia sobre a figura de Alexandre Bóveda. 

O acto preséntase baixo o título de ‘Alexandre Bóveda: unha achega á construción económica e cultural do galeguismo’. Nel participará Amalia Bóveda Álvarez, filla de Alexandre Bóveda e presidenta da Fundación que honra a seu pai. Tamén intervirá Valentín García Bóveda, neto do homenaxeado e vicepresidente da citada entidade.

A conferencia celebrarase no salón de actos da Biblioteca Nodal de Lugo a partir das 19:00 horas.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...