InicioCulturaMozas universitarias de Lugo vestirán roupa masculina para homenaxear a Concepción Arenal

Mozas universitarias de Lugo vestirán roupa masculina para homenaxear a Concepción Arenal

O 31 de xaneiro de 2020 conmemóranse douscentos anos do nacemento desta diplomada en Dereito, escritora, xornalista, poeta e autora dramática. A USC impulsa distintos actos para lembrar a súa figura.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As alumnas da USC acudirán a clase este xoves, día 30, vestidas con indumentaria masculina para renderlle homenaxe á escritora Concepción Arenal no bicentenario do seu nacemento. Esta ferrolá fora a primeira muller en asistir a unha universidade española, pero tivera que facerse pasar por un home para entrar na clase.

En Lugo, varios centros universitarios sumaranse aos actos de conmemoración da figura de Concepción Arenal, precursora do feminismo. Así, na Facultade de Formación do Profesorado darase lectura a unha antoloxía de afirmacións extraídas do texto que Concepción Arenal presentara ao Congreso Pedagóxico de 1892 baixo o título ‘A educación da muller’. Será este xoves 30, ás 12:50 horas.

O día seguinte, será a Escola Politécnica Superior de Enxeñaría a que acollerá unha performance en homenaxe á autora.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...