InicioCulturaBúscase cartel para o Arde Lucus 2020

Búscase cartel para o Arde Lucus 2020

O Concello propón un concurso para elixir a obra gañadora, que recibirá 1.300 euros. Para escollela, farase unha votación popular previa a un veredicto do xurado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo vén de anunciar a apertura de prazo para presentar carteis anunciadores do Arde Lucus 2020. A elección farase a través dun concurso que se desenvolverá durante o vindeiro mes.

A Concelleira de Muller, Xuventude e Igualdade, Ana González Abelleira, daba a coñecer esta mañá as bases que rexerán o certame. A obra gañadora será premiada con 1.300 euros, ademais de empregarse para anunciar a XIX edición do Arde Lucus. O resto de carteis quedarán expostos durante un mes na Casa da Xuventude e terán difusión polas redes sociais.

Tal e como avanzou González Abelleira, “os deseños deberán reflectir o espírito da celebración, facendo especial fincapé na reconstrución histórica e a volta da cidade á época da súa fundación. Primarase a orixinalidade e tamén a incorporación dun enfoque que contribúa ao obxectivo de internacionalizar a proxección da festa”.

AS VOTACIÓNS

As obras presentadas serán exhibidas nas redes sociais do Arde Lucus, onde se fará unha votación popular da que sairán seleccionados algúns carteis que posteriormente serán sometidos á votación do xurado.

O prazo para a votación estará aberto desde as 12:00 horas do 5 de marzo ata as 12:00 horas do día 12 dese mes. Unha vez feito o reconto de votos, a selección farase pública a través das redes sociais oficiais, pero non será ata o 13 de marzo cando un xurado experto determine cal é a obra gañadora.

As bases completas estarán dispoñibles para todas as persoas interesadas na páxina oficial do Arde Lucus, na web municipal, ou no teléfono de atención cidadá (010).

ÚLTIMAS

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....