Unha gala dos Premios Goya con moita presenza lucense

'O que arde', 'Homomaquia' e 'Quien a hierro mata' optan a varios galardóns nos Premios Goya 2020.

A corguesa Benedicta Sánchez opta ao galardón de Mellor Actriz Revelación nos Premios Goya 2020.

O Palacio de Deportes de Málaga acollerá este sábado, día 25, a gran gala do cinema español, os Premios Goya, uns galardóns nos que a provincia de Lugo está representada en varias categorías con filmes como ‘O que arde’, ‘Quien a hierro mata’ ou a curtametraxe ‘Homomaquia’.

A película rodada nos Ancares, ‘O que arde’, vén de conseguir dous premios Gaudí, entregados pola Acadèmia del Cinema Català. Este sábado pode ampliar a ringleira de éxitos dos últimos meses, porque opta a catro galardóns: Mellor Película, Mellor Dirección (Oliver Laxe), Mellor Actriz Revelación (Benedicta Sánchez) e Mellor Fotografía (Mauro Herce).

O coñecido actor lucense Luis Tosar tamén está nomeado nesta edición dos Premios Goya. El competirá na categoría de Mellor Actor Principal polo filme ‘Quien a hierro mata’, coproducido por Vaca Films e ambientado en Galicia.

A maiores, a nosa provincia tamén terá presenza na categoría de Mellor Curtametraxe de Animación, coa peza ‘Homomaquia’, do lucense David Fidalgo.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here