InicioCulturaO cemiterio de Lugo acollerá o vindeiro domingo a última visita teatralizada

O cemiterio de Lugo acollerá o vindeiro domingo a última visita teatralizada

A Praza Horta do Seminario será o escenario da mostra itinerante 'Picasso, a viaxe do Guernica', do 18 de decembro ao 15 de xaneiro

PUBLICADA O

- Advertisement -

O cemiterio municipal de Lugo acollerá o vindeiro domingo 15 de decembro a última das catro visitas teatralizadas promovidas polo Concello e destinadas a promover culturalmente o lugar.

Así o anunciou a concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, quen engadiu que, con esta iniciativa, “se pretende mostrar a cara máis cálida e emocional” do cemiterio e “pór en valor o patrimonio funerario”.

A representación, limitada a 50 persoas, ten como título ‘E logo ti… Quen vés sendo?’ e corre a cargo do grupo Achádego Teatro, que interpretará a diferentes personaxes e contarán aspectos das súas vidas, “axudando a situalos no tempo e rememorando a historia da cidade“.

EXPOSICIÓN SOBRE PICASSO

Por outra banda, a cidade de Lugo converterase en escenario da exposición itinerante ‘Picasso, a viaxe do Guernica’ que organizan La Caixa e o Museo Reina Sofía.

A mostra, que conmemora o 80 aniversario da creación da emblemática obra, parará na Praza Horta do Seminario entre os días 18 de decembro e 15 de xaneiro.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...