InicioCulturaO Club Clavicémbalo de Lugo opta ao Premio do Público Culturgal 2019

O Club Clavicémbalo de Lugo opta ao Premio do Público Culturgal 2019

Tamén está na quenda a Fundación Uxío Novoneyra do Courel.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O festival Novos Cinemas de Pontevedra, o Club Clavicémbalo de Lugo e o Eidos Fest da Fundación Uxío Novoneyra no Courel son o tres candidatos seleccionados para optar ao Premio do Público no Culturgal 2019.

Así o explicaron os organizadores da cita, que apuntaron que, desde este martes e ata o 19 de novembro, o público pode escoller entre este tres proxectos que se relacionan coa sociedade civil, fomentan a súa implicación e promoven a transversalidade e a colaboración.

Nas anteriores edicións do Culturgal, que se celebrará este ano entre o 29 de novembro e o 1 de decembro en Pontevedra, recibiron os premios do público o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, o Diario Cultural da Radio Galega, o Festival de Cinema Curtocircuito, o Festival Agrogay da Ulloa, o Play-Doc e a Casa de Rosalía.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...