Lugo será a capital do cinema galego este final de outubro

Comeza este luns a 41 Semana de Cinema de Lugo que proxectará 130 filmes.

Presentación da 41 Semana de Cinema de Lugo.

A 41 Semana de Cine de Lugo, que se celebrará do 21 ao 26 de outubro, proxectará un total de 130 filmes, das que cinco se inclúen na sección oficial. Das 130, destacou o presidente da Semana de cine, Manuel Curiel, “36 son filmes dirixidos por mulleres”, á vez que fixo fincapé nunha maior presenza de cinema español, “un 70 por cento” dos títulos, abundou.

Pola súa banda, o presidente de Fonmiña, o grupo fotocinematográfico co que arrincou esta semana en 1979, Xulio Xiz, suliñou que para esta edición pensouse nun Paseo do Cinema que irá desde a Avenida da Coruña ata o Auditorio Gustavo Freire.

HOMENAXE

Con este paseo perséguese tributar unha homenaxe a “lucenses ou galegos que foron importantes para o cinema en xeral”, indicaron, para incluír aí a actores como Eduardo Fajardo, Manuel Lorenzo ou Rosario Durcal.

Á súa vez, adiantou a publicación de catro libros, que se entregarán en distintos pases no Vicerreitorado, no Auditorio ou na Biblioteca provincial. Un será o programa; outro, sobre os carteis da Semana, ademais doutro sobre Antonio Mourelos, o actor lucense ao que se agasalla este ano. Unha última publicación referirase a “históricos da fotografía” de Lugo, engadiu.

Do total de películas, das 130, a “maioría”, 112, terán os seus pases serán gratuítos e 18 terán “un prezo simbólico”, puntualizou Xulio Xiz. Mentres, a concelleira de Cultura, a nacionalista Maite Ferreiro, que se confesou unha “cinéfila”, celebrou que en Lugo se vaian a proxectar “películas que non son fáciles de atopar” no circuíto comercial.