InicioCulturaFriol custodia os cadros do pintor Labajjo Grandío

Friol custodia os cadros do pintor Labajjo Grandío

Son un total de 71 pinturas que se atopan en dependencias municipais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Friol custodia os cadros do pintor Labajjo Grandío, que foi achado morto na súa casa situada nunha parroquia de Vilafiz neste municipio o pasado 9 de outubro.

A pasada semana a Garda Civil, cun taxista de Friol que avisou de que non sabía nada del, entraron na súa casa e descubriron o cadáver deste artista. O corpo sen vida deste pintor, que levaba varios días morto, presentaba mordeduras de alimañas.

O alcalde de Friol, José Ángel Santos, confirmou que “todos os cadros” do pintor se atopan “en dependencias municipais á espera de que a xuíza que leva o caso indique o que hai que facer con eles”.

Son un total de 71 pinturas, que se atopan nas oficinas municipais e de cuxa seguridade “se fan cargo os axentes da Garda Civil” do Concello de Friol, sinalou o rexedor.

“Segundo me contan”, comentou o alcalde, ao pintor lucense, que era familia do artista Tino Grandío, “aparecéronlle dous fillos e unha filla”.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...