O espectáculo infantil ‘A Viaxe de Ulises’ chega a Vilalba

A obra 'A Viaxe de Ulises' chegará este sábado ao Auditorio Municipal Carme Estévez de Vilalba da man do proxecto 'Camiño Escena Norte'.

'A Viaxe de Ulises', de Camino Escena Norte.

A obra ‘A Viaxe de Ulises’ chegará este sábado ao Auditorio Municipal Carme Estévez de Vilalba da man do proxecto ‘Camino Escena Norte’.

En concreto, trátase dunha creación colectiva sobre un texto de Julio Salvatierra levada a escena por Teatro Gorakada, destinada a un público infantil e familiar.

A historia de Ulises é a dunha viaxe como metáfora da vida e da loita contra as dificultades, vagando sen rumbo polo Mediterráneo tras ofender ao deus Poseidón.