InicioCulturaA Xunta pide ao BNG que "non se obsesione" co centro da...

A Xunta pide ao BNG que “non se obsesione” co centro da romanización en Lugo

Lembra que o Cuartel de San Fernando é un edificio de propiedade municipal, cuxo mantemento lle corresponde ao Concello de Lugo, onde o BNG goberna en coalición co PSOE.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta de Galicia, José Manuel Balseiro, asegura que non se debe descartar” o proxecto para converter o Cuartel de San Fernando, en pleno centro do centro histórico de Lugo, nun centro de interpretación da romanización, pero sen “obsesionarse” coa proposta.

Balseiro lembrou que o Cuartel de San Fernando é un edificio de propiedade municipal, cuxo mantemento lle corresponde ao Concello de Lugo, onde o BNG goberna en coalición co Partido Socialista.

En resposta ás declaracións da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, quen onte responsabilizaba á Xunta da situación de abandono que, ao seu xuízo, presenta este edificio -catalogado como Ben de Interese Cultural- o delegado territorial lembrou que a pesar de que o edificio é de titularidade municipal, a Consellería de Cultura veu colaborando co Concello de Lugo para garantir a súa conservación.

“En xaneiro de 2016 asinamos un convenio”, afirmou, mediante o cal a Xunta de Galicia achegou 90.000 euros, “a mesma cantidade que o propio Concello, para a execución de obras de mantemento no cuartel”.

En canto ao proxecto para converter o cuartel no futuro Centro da Romanización, unha proposta que o BNG pretende retomar mediante unha iniciativa parlamentaria, Balseiro lembrou que “estivo aparcado por diferentes gobernos municipais e autonómicos, nos que tamén participou” o partido nacionalista.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...