InicioCulturaLugo imprégnase do universo artístico do ecuatoriano Oswaldo Guayasamín

Lugo imprégnase do universo artístico do ecuatoriano Oswaldo Guayasamín

Afundación acollerá unha exposición que vira arredor da súa obra e que se poderá visitar entre setembro e xaneiro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Afundación, en colaboración coa Fundación Museo das Artes do Gravado á Estampa Dixital de Ribeira, presenta o proxecto expositivo ‘Oswaldo Guayasamín 1919-1999. Dúas series. Dous aniversarios’ na Sede Afundación de Lugo. Segundo informou Afundación nun comunicado, a mostra poderá visitarse a partir do 26 de setembro e ata o 11 de xaneiro do próximo ano, de luns a sábados en horario de 18,00 a 21,00 horas.

A exposición, organizada no marco da celebración este ano 2019 do Ano Internacional das Linguas Indíxenas, “expúxose desde unha perspectiva histórica, co obxectivo de achegarse á cultura dos pobos indíxenas americanos”, explicou a entidade. Ademais, incidiu en que se trata do “modo de Afundación de celebrar o centenario do nacemento do artista Oswaldo Guayasamín en Quito no ano 1919” e, á súa vez, conmemora o vixésimo aniversario do seu falecemento en 1999 en Baltimore.

O proxecto recolle dúas series de gravados do artista ecuatoriano, ‘De Orbe Novo Decades’ e ‘Emociones’, ámbolos dous pertencentes á Fundación Museo das Artes do Gravado á Estampa Dixital de Ribeira.  A primeira, realizada por Guayasamín na década do oitenta, foi concibida para ilustrar unha edición facsimilar do libro homónimo de Pedro Mártir de Anglería, publicado orixinalmente en 1516.

Doutra banda, a serie ‘Emociones’, denominada así pola propia Fundación Museo das Artes do Gravado á Estampa Dixital de Ribeira, a través de 20 litografías realizadas en España polo pintor quiteño, achega ao espectador ao mundo dos sentimentos, outra das súas principais preocupacións pictóricas.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...