Xermade, capital mundial do oficio tradicional dos torneiros

A Deputación achega 6.000 euros para unha cita que supón un "revulsivo económico" para o concello, ademais de poñer en valor a nosa cultura.

Presentación do XIX Encontro Internacional de Torneiros de Madeira de Xermade | Deputación de Lugo

O XIX Encontro Internacional de Torneiros de Madeira de Xermade celebrarase os vindeiros 20, 21 e 22 de setembro no polideportivo do concello, segundo se anunciou este martes. Será unha cita á que se acheguen expertos artesáns de lugares como Francia ou Castellón, á parte de profesionais galegos. Demostracións en vivo, exposición de pezas ou venda de ferramentas artesáns serán algúns dos atractivos deste evento.

A Deputación de Lugo colabora nesta actividade cunha achega económica de 6.000 euros porque coidan que é unha maneira de contribuír á promoción dos oficios tradicionais da nosa cultura. Do mesmo xeito, veno como unha oportunidade económica para a contorna de Xermade debido á multitude de asistentes que se agardan.

Para ler a información completa, podes ir ao Galicia Confidencial.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here