InicioCulturaRestauran as placas dos escritores da praza Maior e Bispo Aguirre

Restauran as placas dos escritores da praza Maior e Bispo Aguirre

Maite Ferreiro (BNG) explicou que se trata dunha intervención de mínimo custo para o Concello e que, ao tempo, supón unha notable mellora da imaxe de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que xa comezaron os traballos de restauración das placas adicadas a escritores da praza Maior e da rúa Bispo Aguirre, que teñen sufrido danos por vandalismo. Repintaranse tamén as letras do texto literario que conteñen.

“É unha intervención de mínimo custo para o concello e que mellora considerablemente a estética da zona madoáis céntrica da cidade”, explicou Maite Ferreiro. “O correcto mantemento destes elementos ornamentais de contido cultural e identitario” significa tamén a posta en valor das “persoas qeu representan a nosa cultura e a nosa identidade como pobo”.

As placas, colocadas sobre soportes de granito, están adicadas a: Manuel María, Afonso Daniel Rodríguez Castelao, Rosalía de Castro, Ramón María de Valle-Inclán, Eduardo Pondal, Ramón Otero Pedrayo, Uxio Novoneyra, Álvaro Cunqueiro e Manuel Curros Enrriquez.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...