InicioCulturaCinema social ao aire libre: unha forma de tecer redes entre a...

Cinema social ao aire libre: unha forma de tecer redes entre a veciñanza de Lugo

A Plataforma 'Lugo Sen Mordazas' bota a andar a segunda edición desta actividade, que se inicia o xoves 11 coa proxección do filme árabe 'A bicicleta verde'

PUBLICADA O

- Advertisement -

Gozar do cine ao aire libre non é unha fantasía que só se vive dentro das propias películas. É posible facelo na realidade e, aínda máis!, é posible facelo en Lugo. O II Ciclo de Cinema de Verán ‘Sen Mordazas’ chega á cidade durante xullo e agosto para proxectar filmes de temática social na praciña da Canella do Hospital.

A Plataforma ‘Lugo Sen Mordazas’  (LSM) é a organizadora desta actividade por segundo ano consecutivo. Iniciarase o xoves 11 coa proxección da cinta árabe ‘A Bicicleta Verde’, obra da primeira directora de cine árabe: Haifaa Al-Mansour. A historia relata as andanzas de Wadjda, unha nena “que ten que enfrontarse á patriarcal e ríxida sociedade saudí para poder cumprir o seu soño de montar en bicicleta”.

O colectivo impulsor desta iniciativa naceu hai pouco máis dun ano, en maio do 2018. Xurdiu como resposta ao intento de impoñer en Lugo unha “Ordenanza Cívica”, tumbada grazas á teima de LSM. Con todo, ademais da loita contra a represión, entenden que outro “obxectivo esencial deste movemento é o de tecer comunidade entre as veciñas de Lugo” e procurar “espazos de encontro en torno a unha actividade social e cultural”.

Deste desexo de crear comunidade, xorde a idea de recuperar as actividades na rúa e de priorizar “este modelo fronte ao consumismo que se materializa a través da hostalaría”. Neste sentido, coidan que o casco vello de Lugo –igual ca en Santiago, por exemplo– está a transformarse, vítima da “turistificación“. No canto desa “expansión de terrazas”, dende a Plataforma propoñen “cidades pensadas para as veciñas”.

Así, emprenderon o II Ciclo de Cinema Sen Mordazas, que se celebrará todos os xoves de xullo e agosto (agás previo aviso) ás 22:00 horas. É un encontro para compartir cultura e reflexión social entre veciños, na praza da Canella do Hospital (rúa que une Santo Domingo co carril do Son que dá á Praza de Abastos)

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...