InicioCulturaCodex Cinema, unha aposta emerxente polo cinema independente en Lugo

Codex Cinema, unha aposta emerxente polo cinema independente en Lugo

Hai uns meses abriu as súas portas para dotar á cidade dunha programación independente da que carecía. Unha proposta diferente que dinamiza culturalmente á cidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Moito pasou dende que ir ao cinema era o único xeito de ver cine na data da súa estrea. Non pasou tanto, aínda que ás veces o pareza, dende que é posible facelo legalmente. A pesar diso, as salas de cinema seguen a ter un encanto especial para moitas persoas que non dubidan en cambiar o sofá da súa casa polas butacas, os despachos de billetes e a pantalla grande. Iso si, ás veces é complicado atopar lugares onde proxecten películas máis aló da parte corenta e cinco do universo de Marvel ou a sexta versión de Spiderman. Obras que non teñen nada de malo en absoluto, pero que dende logo van dirixidas cara un público masivo.

En Galicia hai unha programación se non total, moi importante de películas independente nos Multicines Norte de Vigo, na Sala Numax de Santiago de Compostela e nos Codex Cinema de Lugo. Na Coruña, aínda que non hai un cine como tal máis aló dos grandes exhibidores, o CGAI ten unha sala onde proxecta cinema independente en versión orixinal.

Podes ter a reportaxe completa no Galicia Confidencial: http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/98596-son-posibles-salas-cinema-independente-realidade-cidades-galegas

ÚLTIMAS

Candia esixe ao goberno de Lugo que actúe ante os conflitos que se orixinan nos locais do lecer da rúa Tui

O barrio da Milagrosa de Lugo rexistrou esta fin de semana un novo incidente...

Detido en Lugo un home que quedou cunha menor de idade a través dunha aplicación de citas

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home que foi sorprendido o pasado día 3...

Identificados catro almerienses por presuntamente estafar 4.500 a un empresario lucense por Internet

A Garda Civil de Lugo identificou a catro veciños de Almería por supostamente estafar 4.500 euros...

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...