InicioCulturaNace o museo sobre a antiga sede episcopal Britoniense

Nace o museo sobre a antiga sede episcopal Britoniense

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia impulsa a creación do chamado Museo da Diocese de Bretoña, no municipio lucense da Pastoriza, que abrirá as súas portas na planta baixa dun edificio histórico, a Casa de Galocha, reformada para acoller unha exposición permanente sobre a antiga sede episcopal Britoniensis, predecesora da actual Diocese de Mondoñedo-Ferrol.

O delegado territorial da Xunta de Galicia, José Manuel Balseiro, visitou este xoves estas instalacións, acompañado polo alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias, e un grupo de alumnos do colexio da localidade, para “comprobar o resultado das obras de reforma”.

A Xunta de Galicia realizou un investimento de 64.200 euros, aínda que Balseiro confirmou que ese orzamento inicial vai destinado á primeira fase, a que permitirá a apertura do centro expositivo, porque haberá unha segunda na que o goberno galego “seguirá colaborando” para rehabilitar por completo a antiga Casa da Galocha.

A Consellería de Medio Rural financiou o 76% do custo de intervención a través do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Terra Chá. “Este museo é un bo exemplo do tipo de investimentos non produtivos que queremos impulsar a través dos GDR, proxectos que dinamizan o medio rural, protexen o noso patrimonio e crean riqueza”, dixo Balseiro. EFE

ÚLTIMAS

Nova oficina do SEPE en Lugo, pola que pasarán 27.000 veciños ao ano

A antiga Escola de Enfermaría de Lugo acolle a nova oficina do SEPE na...

Conmemoran a batalla do Porto de Bois e reivindican “Altri non”

Coincidindo coa xornada de conmemoración da batalla de Porto de Bois, xuntouse un grupo...

Lugo rexistra un terremoto de magnitude 3.6 que se fixo notar

Un terremoto de magnitude 3,7 na escala de Richter con epicentro en Sarria foi...

Un policía local de Lugo fóra de servizo practica un RCP e sálvalle a vida

Un policía local de Lugo que se atopaba fóra de servizo practicou unha manobra de...