Insisten en que a RAG “repare unha inxustiza” e dedique o Día das Letras a Avelino Díaz, o poeta de Meira

Imaxe tomada no ano 1966 nunha homenaxe ao poeta Avelino Díaz, sentado ao carón da súa dona, Felisa Iduriaga | Fonte: Asociación Cultural Avelino Díaz.

Asociación Cultural “Avelino Díaz” informa de que o 15 de maio pasado foi presentada á Real Academia Galega, un ano máis, a candidatura deste poeta ao Día das Letras Galegas, neste caso do ano 2020.

Hai xa anos que esta asociación e os concellos de Riotorto e Meira decidiron organizarse para tratar de divulgar a vida e a obra de Avelino Díaz Díaz (A Órrea, 1897 – Buenos Aires, 1971), tentando que a Academia lle dedicase o Día das Letras en 2017, coincidindo co 120 aniversario do seu nacemento, ou en anos posteriores.

Ante os infrutuosos intentos de que a RAG recoñeza a este xornalista e literato, a asociación e os concellos volven insistir na necesidade de “reparar” o que consideran “unha inxustiza”. É por iso que a candidatura de Avelino Díaz foi presentada de novo para o Día das Letras do ano 2020.

Máis información, en Galicia Confidencial.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here