InicioCulturaLugo recorda os nove anos que viviu na cidade Antonio Fraguas, protagonista...

Lugo recorda os nove anos que viviu na cidade Antonio Fraguas, protagonista das Letras Galegas

Antonio Fraguas, o autor protagonista este ano nas Letras Galegas, exerceu como profesor durante case unha década na cidade de Lugo. Agora, exalumnos e amigos do investigador de Cotobade impulsaron un proxecto-homenaxe á súa memoria co que queren lembrar o paso do escritor pola cidade das murallas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Antonio Fraguas, o autor protagonista este ano nas Letras Galegas, exerceu como profesor durante case unha década na cidade de Lugo. Agora, ex-alumnos e amigos do investigador de Cotobade impulsaron un proxecto-homenaxe á súa memoria co que queren lembrar o paso do escritor pola cidade das murallas.

Todo iso orixinouse a partir da iniciativa do Colectivo Egeria (con o apoio da Xunta), no que participan ex-alumnos do profesor como Paco Martín, Xulián Parga e Xulio Xiz, o historiador Antonio Prado e Manuel Regueiro, ex-director xeral de Política Lingüística.

O acto de presentación contou coa presenza de Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, ademais do propio Manuel Regueiro, o director do IES Lucus Augusti, Carlos Cazón, e o director de Galicia Dixital Antonio Xiz.

O proxecto ‘Os nove anos de Fraguas en Lugo’ está composto por tres materiais, o primeiro deles un libro co mesmo nome con artigos e textos realizados por amigos e antigos alumnos do docente sobre os tempos que pasou na cidade de Lugo e ao profunda pegada que deixou neles e na sociedade.

Así mesmo, haberá unha exposición conformada por 12 paneis nos que se resume o contido do libro, que percorrerá Galicia tras permanecer unhas semanas no IES Lucus Augusti. Finalmente, a web fraguasenlugo.org recollerá todos os contidos da publicación en papel.

A propia presentación deste proxecto supuxo unha homenaxe ao autor de Cotobade, dado que se renomeou o arquivo e biblioteca histórica do instituto como ‘Antonio Fraguas’ e fíxoselle entrega ao centro dun cadro realizado polo pintor Manuel Romeu.

Valentín García destacou que todas aquelas persoas “que tiveron a fortuna de recibir o seu maxisterio” antepoñen o recordo “da súa extraordinaria capacidade e vocación para a docencia” e, sobre todo, “na pegada que deixou neles este magnífico profesor”, en moitos casos “responsable do espertar no alumnado e compañeiros do interese e o amor por Galicia”.

ÚLTIMAS

Prealerta pola crecida do Miño en Lugo e cortadas dúas estradas por inundacións

O centro de control da conca da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil informou de que...

O Concello iniciará este mércores o proceso para declarar zona verde os terreos do Garañón

O Concello de Lugo iniciará este mércores o proceso para que a zona do...

Retencións e problemas pola neve en Pedrafita do Cebreiro

A neve caída na montaña de Lugo na mañá deste luns ao paso da borrasca...

O monumento do Miliario foi derrubado por un coche que chocou contra el “por un descoido”

O coñecido monumento de 'O Miliario', situado na rúa Armanyá da cidade Lugo, foi...