InicioComarca da FonsagradaA FonsagradaMáis de 300 novos aeroxeneradores ameazan a Reserva da Biosfera Río Eo,...

Máis de 300 novos aeroxeneradores ameazan a Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón

Tres plataformas veciñais solicitan a concellos e xestores da Reserva adherirse á campaña impulsada por ALIENTE para pedir unha moratoria de tódolos proxectos industriais enerxéticos que afecten ás Reservas da Biosfera.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A potencial implantación de 307 novos aeroxeradores na Reserva da Biosfera Rio Eo, Oscos e Terras de Burón (42 complexos eólicos), que se sumarían aos 326 xa existentes (12 complexos eólicos), coloca en “alto risco” a declaración de Reserva da Biosfera debido á degradación ambiental causada polo impacto acumulado desta proposta de “invasión eólica”. Así o veñen de denunciar tres plataformas veciñais que solicitan unha moratoria de proxectos eólicos na Reserva.

Conxuntamente, as plataformas veciñais Xente de Oscos-Eo, Stop Eólicos Negueira, Eólicos na Mariña Así Non, solicitaron aos xestores da Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón; e aos 14 concellos que a configuran a adhesión á campaña organizada pola ‘Alianza Enerxía e Territorio‘ (ALIENTE).

Esta campaña ten como obxectivo solicitar ao Comité Español do Programa Man and Biosphere (MaB), que xestiona as Reservas da Biosfera, unha moratoria de tódolos proxectos industriais enerxéticos que afecten ás Reservas da Biosfera ate que se realice o “estudo sobre a viabilidade de instalacións eólicas, fotovoltaicas e termo solares, incluída a repotenciación e infraestruturas asociadas en territorios declarados Reserva da Biosfera en España” que o propio Comité Español do Programa MaB, acordou encargar ao Consello Científico de dito Programa.

A campaña xa conta con 21 Reservas da Biosfera e case 260 colectivos, entre eles algún órgano xestor (como os casos das Reservas da Biosfera de Allariz e Sierra de las Nieves) e na Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos y Terras de Burón xa ten mais de 70 apoios. Tamén se solicitou unha reunión cos xestores da Reserva e coa Asociación InterEo que aglutina aos 14 concellos da Reserva para discutir a problemática eólica e o posicionamento ante a mesma.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...