InicioCulturaRecollen sinaturas para que Avelino Díaz, poeta criado en Meira, sexa candidato...

Recollen sinaturas para que Avelino Díaz, poeta criado en Meira, sexa candidato ás Letras Galegas

O prazo para apoiar a candidatura ás Letras Galegas de Avelino Díaz, nado na Órrea e criado en Meira, remata o 28 de abril

PUBLICADA O

- Advertisement -

asociación cultural Avelino Díaz recollerá sinaturas ata o día 28 de abril coa fin de que a Real Academia Galega (RAG) adique o Día das Letras Galegas ao poeta do mesmo nome. Os interesados poden descargar o impreso na páxina de Facebook do colectivo e entregalo, sempre antes desa data límite, a través do correo electrónico poetaavelinodiaz@gmail.com.

Nado en Santa Comba da Órrea no 1897, Díaz pasou boa parte da súa nenez en Meira, antes de emigrar a Bos Aires, onde exerceu o xornalismo. Alí desenvolveu unha intensa actividade cultural na Federación de Sociedades Galegas. Publicou catro volumes de poesía e, segundo o colectivo que pretende reivindicar a súa figura, deixou 851 poemas que fican inéditos.‘Debezos’, obra de 1947, está considerado o primeiro poemario en galego da posguerra.

Xosé Neira Vilas definía a Díaz como “o máis hábil versificador galego” e quixo presentar a súa candidatura para o Día das Letras no 2015. O vate riotortense e meirego morreu na capital arxentina en 1971, aos 73 anos de idade.

RIOTORTENSES E MEIREGOS, XUNTOS NA REIVINDICACIÓN

Diversas agrupacións de Riotorto e Meira apoian o esforzo da asociación cultural Avelino Díaz. Logo de recibir a negativa da RAG a incluír a Díaz nunha listaxe de candidatos, o colectivo decidiu emprender esta campaña de captación de sinaturas. En función do apoio recibido, trazará a estratexia a elixir para tentar conseguir o seu obxectivo.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...