InicioSucesosUn tremor de magnitude 3 sorprende a Meira

Un tremor de magnitude 3 sorprende a Meira

O Instituto Xeográfico Nacional detectou o sismo ás 10.44 horas deste venres – É o terceiro tremor dun mes relativamente estable na provincia de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A estación sísmica da Pontenova, do Instituto Xeográfico Nacional (IGN), detectou este venres un tremor de magnitude 3 localizado en Meira.

O sismo comezou ás 10.44 horas da mañá, e malia que pasou sen efectos que lamentar, sentiuse en diversos puntos da Chaira e na Terra de Miranda.

Durante o último mes, a provincia de Lugo rexistrou escasa actividade. Á parte do de Meira, unicamente hai constancia dun tremor en Navia de Suarna –concretamente na Proba, de magnitude 1.9 e 19 quilómetros de profundidade– e outro en Triacastela –de idéntica magnitude, a 12 quilómetros–.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...