InicioEconomíaA Deputación mellora os accesos do Corgo e de Negueira de Muñiz

A Deputación mellora os accesos do Corgo e de Negueira de Muñiz

O goberno provincial consigna 70.000 euros para a rehabilitación das estradas no concello fonsagradino e 137.000 no municipio lucense

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación aprobou en xunta de goberno dúas novas partidas para melloras en estradas. A primeira servirá para rehabilitar a conexión viaria entre o núcleo urbano de Ouviaño co de Ponte Boabdil, en Negueira de Muñiz. A segunda consistirá na mellora de tres accesos do Corgo. Os orzamentos son de 70.000 e 137.000 euros respectivamente.

No respectivo ao municipio da Fonsagrada, trátase dun treito esencial de cara a conectar Negueira de Muñiz co Principado de Asturias, a través da estrada autonómica. Os traballos consistirán na rehabilitación de 1,05 quilómetros da LU-P-3602, entre os puntos 3,5 e 4,5 da unión entre Ouviaño e Ponte Boabdil. Mellorarase o firme con aglomerado en quente, limpiaranse as cunetas, e incrementarase a seguridade co repintado e instalación de sinalización.

O rexedor de Negueira de Muñiz, José Manuel Braña Pereda, agradeceu o “contacto constante” da Deputación para acadar a renovación destas conexións. A obra “mellorará notablemente o día a día dos veciños” e tamén dos usuarios que viaxan entre Asturias e Galicia.

No caso do concello lucense, o executivo provincial mellorará un total de 4,7 quilómetros de tres estradas. Estes traballos afectarán á práctica totalidade do Corgo, atendendo ás parroquias de Gomeán e Maceda, e especialmente aos accesos norte e sur. Deste xeito, os máis de 800 veciños beneficiaranse do investimento nas LU-P-1603, LU-P-1605 e LU-P-1608. Dende a Deputación reivindican que esta partida engádese aos máis de 1,5 millóns de euros achegados a este concello en máis de 20 obras.

A rehabilitación desta terna viaria consistirá na limpeza de cunetas, o acondicionamento do firme con aglomerado en quente e a mellora da seguridade coa instalación de sinalización vertical e o repintado. As actuacións son as seguintes:

-LU-P-1603 Gomeán (NV-I)-Maceda (Antiga): Actuarase nos primeiros 600 metros desta estrada que da servizo aos veciños das parroquias de Gomeán e Maceda, que son máis de 200.

-LU-P-1605 Cabreiros (NV-I)-Arxemil: Os traballos de mellora levaranse a cabo en 1,7 quilómetros entre o punto quilométrico 0 e 1,7. Trátase dunha estrada vital para este Concello porque vertebra a zona norte do Concello, na que viven máis de 400 veciños e inclúe parroquias como Pedrafita Vilachá ou Segovia.

-LU-P-1608 A Campa (LU-546)-Fernandeiros-Quinte (LU-P-29004): Nesta estrada actuarase en dous tramos distintos. O primeiro deles consiste en 650 metros, dende o punto quilométrico 0 a 0,6, e completa unha actuación previa na mesma estrada. A segunda parte das actuacións levarase a cabo en 1,7 quilómetros, dende o punto quilométrico 2,7 a 4,4, desta estrada importante xa que vertebra toda a parte sur e sae dende a estrada vella de Sarria, conectándoa coa nova vía de alta capacidade CG-2.2.

ÚLTIMAS

Conclúe a inspección da nave de Mazoi calcinada este martes e a empresa desconfía de que fose provocado: “Non sei como prende unha nave...

A Policía Científica deu por concluída este mércores a inspección da nave de reciclaxe da parroquia de...

Morre un peregrino norteamericano en Portomarín

Un peregrino faleceu este mércores no municipio lucense de Portomarín, segundo informou a Garda...

Sociedade Galega de Historia Natural reclama paralizar o proxecto de Altri para Palas de Rei

A Sociedade Galega de Historia Natural emitiu un comunicado no que solicita a paralización...

O BNG presenta máis de 700 alegacións ao proxecto que Altri expón para implantar en Palas de Rei

O BNG presentou na Xunta máis de 700 alegacións contra o proxecto que Altri quere implantar en Palas...