InicioEconomíaConclúe a mellora da conexión entre A Fonsagrada e A Pontenova

Conclúe a mellora da conexión entre A Fonsagrada e A Pontenova

A Deputación anunciou o remate das obras nos 3 quilómetros pendentes de rehabilitación nunha vía fundamental para a comunicación de 6.400 veciños

PUBLICADA O

- Advertisement -

VANESA G. LOURIDO | A Deputación de Lugo anunciou o remate das obras na estrada provincial LU-P-1904 que une os concellos da Pontenova e A Fonsagrada, tras concluíren os traballos de mellora nos tres quilómetros pendentes de reparación.

“BENEFICIAN A 6.400 VECIÑOS”

Estas últimas actacións incluíron a mellora do firme con aglomerado en quente, a ampliación e limpeza das cunetas e a instalación de máis sinalización horizontal e vertical.

OS DERRADEIROS ARRANXOS DO VIAL SUPUXERON UN INVESTIMENTO DE 340.000 EUROS

O presidente do executivo provincial, Darío Campos, e o vicepresidente, Argelio Fernández, supervisaron este sábado as derradeiras intervencións que -segundo explicaron- “benefician directamente a preto de 6.400 veciños que viven nestes dous municipios, xa que a estrada é unha vía de comunicación fundamental entre eles”.

“TÓCALLE Á XUNTA”

No entanto, o vial dá acceso á estrada LU-740 -que completa o trazado ata a Fonsagrada- e que segundo remarcaron “presenta serias deficiencias nun total de 17 quilómetros“. Os representantes da Diputación demandaron ao goberno galego a mellora deste treito. “A Deputación xa cumpriu coas súas obrigas, agora tócalle o turno á Xunta, merecemos vivir nun rural con boas vías de comunicación si queremos que os nosos mozos e mozas vivan nel”, concluíron.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...