InicioMedioambiente e PatrimonioNove mámoas afectadas por maquinaria pesada entre Navia e A Fonsagrada

Nove mámoas afectadas por maquinaria pesada entre Navia e A Fonsagrada

Patrimonio dos Ancares denuncia ante Patrimonio a agresión a nove mámoas catalogadas na estrada que delimita Navia de Suarna e A Fonsagrada

PUBLICADA O

- Advertisement -

Nove mámoas resultaron alteradas e incluso destruídas á beira da estrada que separa Navia de Suarna e A Fonsagrada, entre o Alto do Restelo e Louxas. Os feitos foron denunciados polo Colectivo Patrimonio dos Ancares perante a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Estes bens catalogados están situados nun treito, de arredor de dez quilómetros, no que consérvanse trinta e catro enterramentos do Neolítico, ademais doutros dez que foron destruídos no pasado.

A actividade forestal con presenza de maquinaria pesada é a causa do dano irreparable a estes xacementos. Dende o colectivo transmiten que ata vinte mámoas resultaron alteradas durante os anos por mor da apertura da estrada da rede provincial LU-P-0708, ademais dos traballos agroforestais.

A primeira das mámoas afectadas sitúase na necrópole megalítica de Campa das Penas de Monterrío. Trátase do dolmen de Ferreirúas (catalogado co código GA27034001), “o único da comarca dos Ancares que conserva practicamente completa a cámara funeraria”, e primeiro da bisbarra en ser estudado por Enrique López Fernández na década dos oitenta. Na zona foron apilados troncos de piñeiros, con pegadas de maquinaria pesada.

Na mesma necrópole, mais na outra beira da estrada, os traballos forestais removeron terra e pedras dos túmulos, destruíndo totalmente dúas mámoas para a posterior plantación de eucaliptos (códigos GA27018005 e GA27018006).

A tala de piñeiros implicou a agresión a outras dúas mámoas da necrópole da Campa do Gaiteiro, situada a carón da mesma estrada. A primeira delas foi “practicamente arrasada”, mentres que na outra albíscanse “profundas gabias producidas, tamén, por maquinaria pesada” (códigos GA27018001 e GA27018253).

No outro lado, neste caso na necrópole do Pico de Guencio, “chantaron un poste de cemento cuns números”, facendo fondos buratos na parte alta do túmulo (código GA27034004). E continuando pola estrada, no xacemento do Peredelo, as tres mámoas do conxunto resultaron afectadas pola tala de piñeiros e o transporte destes utilizando maquinaria pesada (códigos no catálogo GA27018007, GA270018008 e GA27018048).

Achado en Guitiriz un castro das dimensións dun campo de fútbol

ÚLTIMAS

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...

Denuncian unha agresión a unha menor durante unha manifestación en Lugo por levar unha bandeira saharauí

Comunidade Saharauí en Galiza presentou unha denuncia pola agresión sufrida por unha menor saharui durante unha...

Unha certificación turística permitirá protexer o ceo nocturno dos Ancares

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, recibiu este luns na Casa do Concello...