InicioCulturaA Xunta premia o plan de formación do profesorado do Fontem Albei

A Xunta premia o plan de formación do profesorado do Fontem Albei

O instituto plurilingüe da Fonsagrada é recoñecido novamente polo desenvolvemento das competencias profesionais do profesorado

PUBLICADA O

- Advertisement -

O IES Plurilingüe Fontem Albei da Fonsagrada foi recoñecido pola Xunta de Galicia pola calidade do seu plan de formación do profesorado. Este centro situado en plena montaña, a mil metros de altitude, é un dos oito premiados pola Consellería de Educación neste 2018, sendo o único que repite con respecto ao ano anterior.

Os Premios a Proxectos de Formación Permanente do Profesorado valoran os plans deseñados polos propios colexios e institutos durante o curso precedente. Por provincias, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional premiou a tres centros da Coruña, tres de Pontevedra, un de Ourense, e o devandito Fontem Albei.

Así, os outros galardoados son o CEIP Plurilingüe de Palmeira, de Ribeira; o CEIP Plurilingüe San Marcos, de Abegondo; o CEIP Plurilingüe Os Casais, de Fene; o CEIP de Portonovo, de Sanxenxo; o CEIP Nosa Señora das Dores, de Forcarei; o IES Valadares, de Vigo; e o CEE O Pino, de Ourense.

Implicados 7 de cada 10 centros

Segundo manifesta a Xunta de Galicia, para a concesión dos premios valorouse o contido innovador e transferibilidade do proxecto, os recursos tecnolóxicos utilizados, o traballo multidisciplinar e en equipo, o grao de implicación da comunidade educativa, os recursos achegados á comunidade e o desenvolvemento das competencias profesionais docentes a través destes proxectos.

Así mesmo, tívose en conta a existencia dun sistema de avaliacións relativo á implantación e desenvolvemento do proxecto e o nivel de logro acadado. Todos e cada un deles están deseñados co apoio dun Centro de Formación e Recursos (CFR) ou do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) e son desenvolvidos baixo a súa supervisión.

Os proxectos están baseados na análise e detección das necesidades educativas do centro e propoñen estratexias de carácter didáctico e metodolóxico por medio do traballo colaborativo e adaptado a cada contexto. A súa finalidade é mellorar o ámbito organizativo ou a xestión dos centros, afectarlle cualitativamente á contorna familiar e institucional ou contribuír á elaboración e uso de recursos multimedia interactivos.

No curso 2017/18, sete de cada dez centros de ensino públicos (un total de 688 centros) desenvolveron un Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) con unha ou máis liñas formativas, plans que teñen como obxectivo perfeccionar as competencias profesionais dos docentes.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...